luns, 4 de maio de 2020


1º DEBERES DE INGLÉS 04-05-2020

Bos días, os deberes de Inglés son os seguintes:

A) Imos utilizar un diagrama de Venn e a nosa cabeciña.
Pásovos un nun documento aparte para que sepades como é, pero podedes buscar outro ou debuxalo vos mesmos, se o preferides; seguro que vos sae ben bonitiño.

Debedes poñer no círculo da esquerda:
Palabras en inglés que empecen pola letra “O” (ex.: Order). Entre 3 e 5.
Debedes poñer no círculo da dereita:
Palabras en inglés que terminen pola letra “N” (ex.: Medication). Entre 3 e 5.
Debedes poñer no medio, onde os dous círculos tócanse:
Palabras en inglés que empecen pola letra “O” e que terminen pola letra “N” (ex.: Organization) . Se non atopades tamén podedes poñer palabras que simplemente inclúan esas dúas letras (ex.: Down). Entre 3 e 5.
Podedes utilizar o libro como axuda.



B) Debedes pensar ou buscar (no libro, por exemplo):
3 palabras que teñan dúas letras.
3 palabras que teñan tres letras.
3 palabras que teñan catro letras.
3 palabras que teñan cinco ou seis letras.

Cando as teñades debedes escribilas en unha columna (unhas enrriba das outras) e, o seu lado, facer un debuxo que as represente nos casos que sexa posible. Por exemplo, se a palabra é “up” (arriba), unha flecha que apunte hacia arriba; se é “house”, unha casa, etc.



Ningún comentario:

Publicar un comentario