luns, 25 de maio de 2020


   Deberes de  INGLÉS  Data: 25-05-2020

Bos días:

A) Imos xogar os 8 erros, que consiste en buscar as diferencias entre os dous debuxos que vos envío.

Logo, a parte de inglés consiste en escribir as diferencias de forma básica, tal e como vos indico nos exemplos.

A forma de expresar as diferencias pode ser esta:
Singular:
In picture 1 there is a house, but in picture 2 there is a car ( ´there is´ úsase para unha cousa, en singular).
A frase significa Na foto 1 hai unha casa, pero na foto 2 hai un coche.
Plural:
In picture 1 there are houses, but in picture 2 there are cars ( ´there are´ úsase para máis dunha cousa, en plural).
A frase significa Na foto 1 hai casas, pero na foto 2 hai coches.

Debedes escribir, mínimo, unha diferencia e, coma sempre, se necesitades axuda primero pensade ben o que queredes decir, confiade en vos e usade a cabeciña  e máis o diccionario ou o traductor, se é necesario.

Logo, para facelo máis divertido, podedes facer vos mesmos 2 debuxos casi idénticos, pero con algunhas diferencias para que outros podan buscalas. O número de diferencias no voso debuxo o decidides vos…



B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha sobre o verbo Can e outra sobre a familia.







Ningún comentario:

Publicar un comentario