luns, 11 de maio de 2020


1º DEBERES DE INGLÉS 11-05-2020
Bos días, os deberes de Inglés son os seguintes:

A) Imos facer un repasiño das frases básicas que facemos na aula, xa que non está de máis recordalas e porque a próxima semana vos poden ser útiles para a actividade que faremos.
Debedes escribir nunha libreta ou folla de papel as seguintes frases en galego e, o carón ou enbaixo, en inglés. Non teñen que estar perfectas, pero sí o mellor posible, dacordo?. Podedes, coma sempre, usar o libro, o dicionario ou internet para obter axuda; e lembrade que moitas delas xa as coñecedes por telas dito na aula e, nalgunhas clases, incluso as ditei o ano pasado.
Neste curso debedes copiar e traducir dende a 1 ata a 4, ambas inclusive, pero podedes facer tantas coma queirades, dacordo?. Pois a por elo, nenes!.
As frases son:
1 Hola                                       2 Bos días         
3 Cómo estás?                         4 Estou ben                     
5 Cómo te chamas?                 6 Chámome ...         
7 Cantos anos tes?                   8 Teño ... anos         
9 De onde es?                         10 Son de ...                             
11 Tes algún irmán ou irmá?    12 Teño ... irmán/irmá ou irmáns / Non teño 
13 Dime algo que che guste      14 Gústame ... 
15 Dime algo que non che guste 16 Non me gusta...
17 Qué vas ser de maior?            18 De maior vou ser ...




B) Debedes facer, do documento pdf que se chama “reinforcement and extension” (que o tedes na blog dende o primeiro día) as fichas das páxinas 27 e 28.
Con isto rematamos as fichas de repaso, pero quen queira pode facer o resto delas, que son das unidades 5 e 6: as páxinas son da 29 a 32, aínda que son materia nova, tédeo en conta.
Do mesmo modo tamén podedes facer, do outro documento en pdf, chamado “extra vocabulary”, as páxinas que faltan, que de novo pertencen as unidades 5 e 6, que non vimos: páxinas 5 e 6.
A partir da próxima semana faremos fichas diferentes, variadas e tamén poderedes visitar a edición dixital dos libros de clase: o Class book e máis o Activity book. Xa vos enviarei as instrucións en canto teña as claves.

Ningún comentario:

Publicar un comentario