martes, 16 de xuño de 2020


   Deberes de  INGLÉS  Data: 16-06-2020

Bos días, esta semana:

A) Imos facer, para empezar, un sudoku. O obxectivo xa sabedes cal é, non si?; o que ocorre neste caso e que, en vez de encher os ocos con números debedes facelo cas palabras que vos dou (relacionadas co Nadal), de forma que ninguna se repita en ninguna fila e tampouco nas columnas. Moita sorte!.

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha para repasar o presente do verbo PLAY e outra sobre os alimentos.


luns, 8 de xuño de 2020


   Deberes de  INGLÉS  Data: 08-06-2020

Bos días, esta semana:

A) Imos facer, para empezar, un tebeo. Eu pásovos a viñeta cos debuxos, e vos tedes que poñerlle voz os protagonistas. Primeiro pensade no que queredes que ocurra na historia (se é preciso, primeiro en galego) e logo o plasmades, con boa letra, nos bocadillos, que son os globiños onde deben aparecer as palabras. Lembrade usar frases curtas e sinxelas, dacordo?.

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha para repasar os días da semana e outra sobre os posesivos.


luns, 1 de xuño de 2020


   Deberes de  INGLÉS  Data: 01-06-2020

Bos días, esta semana:

A) Imos facer, para empezar, un wordsearch, é decir, unha sopa de letras onde debedes atopar as cores. Afinade a vista!.

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha para repasar os saúdos básicos e outra sobre as prendas de vestir.





luns, 25 de maio de 2020


   Deberes de  INGLÉS  Data: 25-05-2020

Bos días:

A) Imos xogar os 8 erros, que consiste en buscar as diferencias entre os dous debuxos que vos envío.

Logo, a parte de inglés consiste en escribir as diferencias de forma básica, tal e como vos indico nos exemplos.

A forma de expresar as diferencias pode ser esta:
Singular:
In picture 1 there is a house, but in picture 2 there is a car ( ´there is´ úsase para unha cousa, en singular).
A frase significa Na foto 1 hai unha casa, pero na foto 2 hai un coche.
Plural:
In picture 1 there are houses, but in picture 2 there are cars ( ´there are´ úsase para máis dunha cousa, en plural).
A frase significa Na foto 1 hai casas, pero na foto 2 hai coches.

Debedes escribir, mínimo, unha diferencia e, coma sempre, se necesitades axuda primero pensade ben o que queredes decir, confiade en vos e usade a cabeciña  e máis o diccionario ou o traductor, se é necesario.

Logo, para facelo máis divertido, podedes facer vos mesmos 2 debuxos casi idénticos, pero con algunhas diferencias para que outros podan buscalas. O número de diferencias no voso debuxo o decidides vos…



B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha sobre o verbo Can e outra sobre a familia.







luns, 18 de maio de 2020


   Deberes de  INGLÉS  Data: 18-05-2020

Bos días:

A) Imos facer un collage, que consiste en coller unha foto (mellor en color) dunha revista ou periódico, por exemplo, e engadirlle a cara, os brazos, pernas, etc…ou calquera outro detalle (un gorro, gafas, unha ferramenta…) doutra persoa para facelo gracioso; tamén podedes poñerlle a vosa cara cunha foto tipo carnet, se queredes. Podedes colgalas na blog cando rematedes e, canto máis ridícula, mellor.
Logo, a parte de inglés consiste en escribir información básica sobre a persoa, criatura ou mounstro que creáchedes.
Para iso usaremos as frases básicas do outro día.
Por exemplo, podedes inventar un nome e poñer:
Hello, my name is Frankristopher, I´m ten years old, I´m short and I like cars…
Debedes escribir, mínimo, dúas frases curtas e, coma sempre, se necesitades axuda primero pensade ben o que queredes decir, confiade en vos e usade a cabeciña  e máis o diccionario ou o traductor, se é necesario.
A ver quen fai o ser máis divertido, vale?.
Ao final vos mando varios exemplos, espero que vos gusten:

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, ben sinxelas (unha delas é, precisamente, para repasar a información que debedes usar no collage).

Non esquezades que tedes acceso os libros dixitais, onde podedes facer as actividades que queirades e que inclúen as despostas para que podades comprobar os resultados.
Xa aceptei a aqueles de vos que se apuntaron, pero cabemos todos!.
E non deixedes de visitar as páxinas dos xogos, que algún de vos xa me enviou algún vídeo xogando e, dende logo, ben divertido é…


mércores, 13 de maio de 2020


Bos días:
A partir de hoxe xa podedes ter acceso aos libros de texto da clase de INGLÉS en formato dixital. Con eles podedes traballar, sempre que teñades conexión a Internet, tocando nas actividades do Activity Book de calquera unidade; é decir, podedes repasar o que fixemos durante o curso e tamén, se queredes, facer novos exercicios.
A licencia é válida ata Agosto deste ano, pero según me informan dende Oxford, para o curso que ven poderán ter novas licencias para traballar o curso completo. Por agora podedes probar e, se vos gusta a idea, continuaremos o curso próximo.
A continuación vos envío as instrucións para poder disfrutar deles, son sinxelas. Espero que vos sirvan para repasar un pouquiño máis:


REGISTRO ALUMNOS EN BLINK
Cubrir los campos del pantallazo que aparece al final, aceptar condiciones y continuar.
El código que os pide de clase/libro es, para 1º, CL67598826, y es el mismo para todos los alumnos de este curso.
 
Indica que eres «Alumno» y selecciona tu edad. Si eres menor de 13 años, el registro debe ser completado por tu madre, padre o tutor legal, por lo que se debe indicar su correo electrónico.
Es más sencillo indicar que tienes 15 años y, así, saltamos ese paso, con lo que puedes registrarte con tu propia dirección de e-mail, si la tienes (si no la tienes utilizas la de tus padres).

2.- Acceso a contenidos
Cuando tu profesor, acepte tu solicitud, formarás parte de la clase y podrás acceder a tus contenidos.